Miguel Induráin pedalea polo Val Miñor
Publicado o 10/09/2019 17:56
Hai vinte e cinco anos do seu penúltimo triunfo no Tour. Hai vinte e cinco anos naceu o Club Ciclista Gondomar. E Induráin visitou esta localidade do Val Miñor para compartir unha marcha cicloturista con saída e chegada en Gondomar na compaña de moitos ciclistas como Aida García, que exerceu de madriña.
Induráin foi a estrela deste aniversario. E pedalear ao seu lado, unha motivación especial. Todo polo Val Miñor e polo Baixo Miño.