CRTVG

Buscar

Miguel Cajaraville gaña a II Batalla Mural do seu Festival Urbano

Publicado o 27/09/2020 09:35

Ingredientes da Batalla Mural de Vigo: ideas para un mundo mellor, doce botes de spray de doce cores, sete horas de traballo e trece concursantes habituados a colorear os muros das cidades. Miguel Cajaraville, de Baiona, e Diego Anido, do barrio da Milagrosa de Lugo, son os que máis pensan mentres os outros xa se poñen mans á obra. E ao final do día Anido foi o terceiro e Cajaraville foi o primeiro, o gañador da contenda.

Cajaraville, o gañador, ten claro que mellorar o mundo pasa pola unión de homes e mulleres, que son ao fin o mesmo ser humano, coas mesmas grandezas. Esa é a súa proposta. O premio...

O segundo clasificado nesta batalla mural de Vigo que organiza o Concello foi Daniel Fernández, Daniseek, con esta obra que ven, e o terceiro, Diego As, coa unión entrelazada deste par de mans sas, sen traza de coraonavirus.

Porque a arte urbana vive baixo a chuvia, o sol, o fume dos coches e sobre todo baixo a mirada gratuíta dos cidadáns que lle saen ao paso nos días cotiáns.

Noticias web

27/09/2020