CRTVG

Buscar

Miguel Baeza di que é un "xogador humilde e moi traballador"

Publicado o 18/08/2020 16:09

O centrocampista Miguel Baeza asegurou este martes, tras asinar o seu novo contrato co Celta ata o 2025, que chega a Balaídos co obxectivo de "facer un gran ano" para devolver ao club a unha competición europea.

"Estou preparado para dar este gran paso, veño de facer un gran ano en Segunda B e de xogar competicións europeas xogando contra as mellores canteiras de Europa. Vou tentar dar todo por este club e estas cores, imos tentar facer un gran ano e poder meternos en competicións europeas", declarou.

O exfutbolista do Real Madrid Castela, polo que o club celeste pagou algo máis de dous millóns de euros, dixo que está a vivir "o soño de calquera futbolista", e asegurou que é "un xogador humilde e traballador".

 

 

 

Noticias web

18/08/2020