CRTVG

Buscar

Miguel Alvariño: "Estou no mellor momento da miña vida deportiva"

Publicado o 02/03/2020 20:02

Hai tres anos dáballe voltas a unha retirada prematura. En xullo disputará os seus segundos xogos olímpicos con 26 anos. "Estou no mellor momento da miña vida deportiva e vou ir con todo. Penso que teño opcións claras de polo menos poder pelexalo. Vou por todas", confesa o arqueiro das Pontes.

Con cinco meses por diante terá máis tempo para preparar os Xogos que hai catro anos. Despois dun proceso de selección que el mesmo considera o máis duro da súa vida, Alvariño vese mellor que en 2016. "Tecnicamente son mellor. Son moito máis maduro. Quero gañar, pero non me frustro se perdo. Non teño nada que demostrarlle a ninguén, xa que penso que xa demostrei suficiente", asegura Alvariño.

Despois dos Xogos do Río, Miguel Alvariño estivo a punto de deixar o deporte. "Estaba queimado porque a federación non foi xusta no anterior ciclo olímpico e non me deixou preparar os Xogos. Levoume dous anos volver ser Miguel Alvariño. Agora estou ao tope", di o mellor arqueiro galego da historia.

Conseguida a praza individual, Alvariño loitará en xuño para clasificar o equipo español

Noticias web

02/03/2020