CRTVG

Buscar

Miguel Alvariño acode á xustiza para poder ser olímpico

Publicado o 03/06/2020 16:25

O arqueiro Miguel Alvariño vai pelexar pola súa praza olímpica nos xulgados.

O xuízo celebrarase en Madrid o próximo 12 de xuño. Miguel Juane, o avogado de Alvariño, esixirá retrotraer a situación anterior para que o arqueiro das Pontes poida recuperar o billete olímpico para os Xogos de Toquio que acadara no seu momento.

A Federación revogou a praza e agora pretende abrir un selectivo, incumprindo o que no seu día dixera o Comité Olímpico, que os procesos selectivos rematados se respectarían. Ademais do seu adestrador, o seleccionador nacional terá que asistir ao xuízo como testemuña.

Noticias web

03/06/2020

Máis sobre As Pontes de García Rodríguez