CRTVG

Buscar

Michele Somma: "O Huesca é un equipo moi forte"

Publicado o 24/08/2019 18:01

O Deportivo xoga mañá. Visitará un campo que o ano pasado foi de primeira, o Alcoraz. Alí agarda un Huesca que tamén sumou os tres puntos na xornada inaugural.

Os deportivistas viaxaron esta mañá cara terras aragonesas. Viaxou Diego Caballo, que podería xogar cunha fractura no nariz. Anquela levou a 19 xogadores polo que terá que facer un descarte. O conxunto coruñés afronta a cita cunha mistura de respeto e ambición.

 Michele Somma: "Xogamos contra un equipo moi forte porque todos os equipos que baixan de primeira son moi duros. Un partido difícil pero nós somos o Deportivo e en calquera campo imos facer o noso xogo e non temos medo de ningúen. Imos aló polos tres puntos, polo que pide o adestrador, o que pedimos todos. Logo pode pasar de todo pero o que non pode faltar é actitude e nós metémola sempre. Logo veremos pero nós imos aló confiados en que podemos volver cos tres puntos".

Noticias web

24/08/2019