CRTVG

Buscar

Michel Platini xa está en liberdade

Publicado o 19/06/2019 17:26

E Michel Platini, ex-presidente da UEFA, quedou esta pasada noite en liberdade tras máis de 15 horas de interrogatorio.

Este era o momento en que Platini abandonaba a comisaria acompañado polo seu avogado. Entenden que a detención foi desproporcionada.

Platini foi detido por sospeitas de corrupción na atribución do Mundial de Qatar 2022. No punto de mira dos investigadores está unha comida organizada polo ex-presidente Sarkozy no Pazo do Elíseo en 2010 e á que asistiu o emir de Qatar. Días despois desta xuntanza, escolleuse Qatar como organizador do Mundial. Os investigadores queren saber se Platini votou que si a cambio de favores do Emirato para Francia. O ex-presidente da UEFA deféndese.








 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2019

Máis sobre deportes

Choco 1-1 Rápido de Bouzas
27/01/2020 11:43
Alondras 1-1 O Barco
27/01/2020 11:40
Arousa 1-1 U. D. Ourense
27/01/2020 11:39
Somozas 1-2 Compostela
27/01/2020 11:37
Arenteiro 0-0 Bergantiños
27/01/2020 11:33
Ourense C. D. 1-1 Fabril
27/01/2020 11:30