CRTVG

Buscar

Michael Woods gaña a etapa da Volta

Publicado o 12/09/2018 21:51

A décimo sétima etapa da Volta a España foi para o canadense Michael Woods, quen se impuxo na subida ao Balcón de Biskaia cun tempo de 4 horas 9 minutos e 48 segundos. A dous minutos e corenta segundos entrou Alejandro Valverde. O corredor do Movistar recupera nove segundos e sitúase a 25 do líder da xeral, Simon Yates. Enric Mas sobe ao terceiro posto da clasificación a un minuto e 22 segundos do británico. Michael Woods amosábase moi emocionado tras a súa chegada a meta. Esta vitoria ten para el un significado moi especial. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2018