CRTVG

Buscar

Máis de media España está en alerta por treboadas ou forte chuvia

Publicado o 17/06/2021 14:20

Máis da metade de España permanece en estado de alerta por risco de fortes treboadas e chuvias intensas que poderán chegar a acumular 30 litros por metro cadrado no Pireneo e no val do Ebro.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía mantén activada a alerta por risco de treboadas e fortes precipitacións en 12 comunidades autónomas españolas. En catro delas, Euskadi, Navarra, Aragón e Cataluña, o nivel de alerta é laranxa, xa que poderían acumularse ata 30 litros de auga por metro cadrado nunha hora.

Noutras oito comunidade da metade norte e o centro peninsular a alerta é amarela. O mesmo nivel de alerta que afecta a costa de Almería e Murcia onde está activada por ondas de 3 a 4 metros. As intensas precipitacións caídas durante a noite na Rioxa obrigaron a desaloxar 50 persoas dun cámping asolagado en Navarrete.

A metade delas pasaron a noite no albergue de peregrinos local e o resto regresou aos seus lugares de orixe. En Murcia, os fortes refachos de vento provocaron a caída de varias árbores sobre coches aparcados nas rúas da capital murciana.

Noticias web

17/06/2021