CRTVG

Buscar

México pide aos seus migrantes que non regresen ao país

Publicado o 02/04/2020 09:00

O Goberno mexicano pediullles a todos os seus cidadáns que emigraron aos Estados Unidos que non regresen polo de agora para evitar propagar o coronavirus.

A petición fíxose extensiva a todos os mexicanos que viven no estranxeiro, aínda que fai especial fincapé nos que viven nos Estados Unidos. As autoridades mexicanas fixeron tamén un chamamento a todos os cidadáns para que eviten viaxar ao país veciño.

Noticias web

02/04/2020