CRTVG

Buscar

México demanda once fábricas americanas de armas

Publicado o 05/08/2021 08:54
México demanda once fábricas americanas de armas

México demanda 11 compañías en Estados Unidos por facilitar o tráfico ilegal de armas. O Goberno busca unha indemnización por danos que será definida polo tribunal, pero que podería alcanzar o 2 % do PIB de México.

O Goberno mexicano afirma que a venda ilegal destes fabricantes estivo detrás de polo menos 17.000 asasinatos en 2019 e que do 70 % ao 90 % das armas comisadas no seu territorio vén dos Estados Unidos.

Noticias web

05/08/2021