CRTVG

Buscar

México deixa a seguridade pública nas mans do exército

Publicado o 13/05/2020 08:59

O Goberno mexicano aprobou un decreto que deixa a seguridade pública do país nas mans das Forzas Armadas.

A medida causou polémica porque durante anos o agora presidente López Obrador criticou a militarización da vida pública. O decreto forma parte dun plan de maior alcance que comezara coa creación a primavera pasada da Garda Nacional, un corpo destinado a combater a violencia no país.

 

Noticias web

13/05/2020

Máis sobre actualidade