CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Serán

Mexicanos visitan Galicia para aprender e gozar co noso turismo industrial

Publicado o 10/06/2015 20:54








Acaba de visitar Santa Comba unha delegación chegada de México. E a que viñeron? Pois a coñecer, como 'vende' Galicia o seu sector turístico industrial. É dicir, o que dá a coñecer as fábricas, as empresas e os produtores dunha mesma zona nunha soa ruta.

"Galicia é apracible, relaxante... Vir de turismo aquí trasládate a outra atmosfera... Relaxa... Aquí o turismo é auténtico coma a xente, non está contaminado", comenta Ulises Fernández, turista e membro da delegación da secretaría de Economía do Goberno de Chiapas, en México.

"Convidáronnos a comer unhas cousas boísimas, a gastronomía galega é estupenda: queixos, embutidos, viños... Todo aquí está delicioso", di Manuel Gallegos, turista e membro da delegación da secretaría de Economía do Goberno de Chiapas, en México.

Pero hai máis tipos e ofertas turísticas. En Galicia medra o turismo experiencial e industrial. Mesmo chegan profesionais de fóra para aprender do sector na nosa comunidade. Neste caso, unha delegación gobernamental da rexión mexicana de México, quixo facer a 'Ruta alimantaria do concello de Santa Comba'

Visitaron esta factoría de queixos tradicionais, un restaurante con tenda de produtos típicos, unha fábrica tradicional de bebidas e un obradoiro de artesanía. Porque os obxectivos desta ruta turística son semellantes aos da iniciativa mexicana Tacaná: potenciar que as actividades e empresas máis tradicionais dunha zona abran as portas ao turistas, de xeito que se incentivan as visitas dos de fóra e se melloran as economías locais.

"Nós por exemplo vimos dunha zona no sur de México onde estamos intentando promocionar o turismo agroalimentario, do café, dos bananos, do cacao... Vimos a aprender de como o facedes en Galicia", explica Ramón Ceballos, turista e membro da delegación da secretaría de Economía do Goberno de Chiapas, en México.

"Vimos a aprender das boas prácticas de Galicia. Aquí por exemplo estades moi adiantados. Empregades moi ben as novas tecnoloxías, internet, as redes... Nós temos esa materia pendente, temos que xeneralizar que se poidan facer reservas e visitas virtuais, en tempo real, algo que aínda aló non facemos", afirma Ulises Fernández turista e membro da delegación da secretaría de economía do goberno de Chiapas, en México.

"Hai un feedback moi importante. Eles viñeron a ver rutas de turismo industrial a Galicia. Agora queren que vaiamos os galego aló, para que formemos os seus profesionais do turismo, para que co noso exemplo de turismo de experiencias eles tamén teñan máis éxito. Queren que os galegos lles formemos aos seus xerentes de hoteis, os donos de casas de turismo rural... ", explica Sandra Touza, xerente de 'ponle cara al turismo', que organizan estas rutas.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí