CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Meteogalicia ofrece na súa web as previsións detalladas dos 214 concellos

Publicado o 25/05/2015 15:04

Meteogalicia acaba de incorporar á súa páxina web un novo servizo de predición do tempo que inclúe información detallada e explicada das previsións e tamén da calidade do aire, nos 314 concellos de Galicia.

Esta mañá presentouse a aplicación que fai posible ese servizo máis completo, denominada Galiweather, e que foi desenvolvida por investigadores da Universidade de Santiago en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente. A nova aplicación utiliza técnicas de intelixencia artificial para xerar automaticamente prognósticos meteorolóxicos en linguaxe natural a partir dos datos numéricos de Meteogalicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí