CRTVG

Buscar

Messi: "Non estaba preparado para irme, fixen todo o posible para quedar"

Publicado o 08/08/2021 13:29

A imaxe do día é a despedida de Leo Messi do Fútbol Club Barcelona. Rompe o seu silencio tras anunciar o club que non conta con el para a próxima tempada. A dun Messi emocionado, contrariado e visiblemente doído o día en que lle di adeus ao club ao que chegou sendo un neno.

Dixo Messi que estaba convencido da súa continuidade no club e que fixo todo canto estaba na súa man para que así fose. Para o arxentino, este é o momento máis difícil da súa vida.

O astro arxentino compareceu no Camp Nou para explicar a súa marcha aos 34 anos do Barcelona, onde disputou toda a súa carreira deportiva.

Noticias web

08/08/2021