CRTVG

Buscar

Messi iguala a Pelé como o xogador con máis goles nun mesmo club

Publicado o 19/12/2020 20:15

A xornada da tarde deixou un novo tropezo do Barcelona. Cando parecía que recuperaban o paso, os de Koeman deixaron dous puntos diante do Valencia. Foi un empate agridoce, que rexistrou o récord de Messi. Iguala con Pelé como o xogador con máis goles para o mesmo club, 643. Iso si, como todo nesta temporada, chegou de xeito atípico: marcou de cabeza, e despois de errar un penalti.

Noticias web

19/12/2020