CRTVG

Buscar

Messi deixa a súa sinatura na estrea da Champions

Publicado o 13/09/2017 22:16

O Barcelona impúxose onte ao seu verdugo na Champions da pasada edición. Goleou 3-0 a Juventus a través dunha posta en escena moi seria comandada por Messi. O arxentino asinou dous tantos e superou por fin a Buffon. 

Messi desfixo a Juventus. O arxentino deu un novo recital ante un dos poucos equipos ao que aínda non lle marcara. Cando ten o día, resulta case imparable.
O seu adestrador dixo que "sufrín moito tendo a Messi en fronte e agora teño a sorte de telo a favor. Sabemos que cando colle o balón pode pasar calquera cousa... E calquera cousa boa para nós".
Porque a Juventus comezou mandando, controlando o partido, sen deixar ocos. Ata o minuto 45 do primeiro tempo. Ata que Messi combinou con Luis Suárez e colocou a pelota a rentes do pau.
Ernesto Valverde salientou que "desastascou o partido nunha acción persoal. Ninguén viamos o burato e el atopouno. Destaco non só os seus goles senón a implicación no equipo dende todos os puntos de vista".
Messi non só marcou dous tantos. Nunha xogada súa nace o segundo, o que marca Rakitic ao aproveitar o rexeitamento tras a sensacional internada do dez. Intentouno de falta e topou con Buffon... O porteiro nada puido facer no terceiro, nunha desas xogadas que véndollas a Messi parecen doadas... Cambio de ritmo e caneos co balón pegado ao pé ata que atopou o oco para disparar... Messi asusta... O seu Barça manda na Liga e na Champions.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2017