CRTVG

Buscar

Messi acaba coa valentía do Celta no Camp Nou

Publicado o 11/11/2019 10:13

Pape, Juncá e Pione Sisto titulares. O equipo necesitaba unha volta.

Pape Cheikh, R.C. Celta: "Necesitabamos que viñera alguén e nos dera caña".

Novas solucións, vellos erros. Penalti de Aidoo por man. Lanza Messi: un a cero. Primeiro gol a balón parado do arxentino. A réplica do Celta nunha falta de Aspas, que segue sen puntería neste primeiro treito do campionato. O que si embocou na primeira que lanzou foi Lucas Olaza. As táboas daban fe da igualdade, pero hai situacións que non se poden dar se no bando contrario está Leo Messi. Segundo gol a balón parado.

Pape Cheikh, R.C. Celta: "Son faltas que non podemos cometer poorque vai Messi e métea".
Óscar García, adestrador do R.C. Celta: "O gol de Messi no último minuto da primeira parte fíxnos dano".

E no reinicio outra falta, outro momento de concentración e outro golazo para completar un hat trick a pelota detida.

Óscar García, adestrador do R.C. Celta: "Fisicamente, na segunda metade, o equipo notou o esforzo".

E no treito final un par de contras inocentes de Pione Sisto con malas decisións no momento de acabar a xogada e o gol de Busquets, que ademais de darlle algo máis de xeito ao xogo do Barcelona no segundo tempoo acabou marcando. Agora para o Celta de Óscar, parón e conta nova.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/11/2019