CRTVG

Buscar

Mesóns, bares e taperías apuran as medidas para ampliar o seu horario de apertura

Publicado o 21/05/2021 15:04

A José Luis a nova de que este venres xa pode abrir o seu mesón ata unha da mañá pillouno aínda cos deberes a medio facer. "Mañá pola mañá xa nos chegan os medidores de CO2", asegura José Luis Sánchez, o dono dun mesón.

Sen ese medidor, aínda terá que agardar para ampliar o horario do seu local. Porque tal e como acontece nos restaurantes, o control da calidade do aire e o rexistro de clientes tamén son requisitos indispensables para garantir a saúde de todos. Aínda non sempre entendidas.

"Hai xente que non quere dar o nome nin o teléfono", afirma o hostaleiro Luis Estévez. Mikel Cubelo asegura que "non teño porque ter eu unha base de datos con DNIs de ninguén. Eu son hostaleiro non son unha xestoría nin policía. Non me gusta a idea esa".

Se ben, co anuncio da nova xe se animan as primeiras reservas. Mesóns, bares e taperías din que vai custar un chisco acostumar a clientela a reservar con antelación para petiscar algo ata despois da media noite.

Iguálanse os horarios na hostalaría e tamén as medidas esixidas. Polo que bares, mesóns e taperías tamén deben manter as ocupacións establecidas segundo onivel de restricións. Con catro clientes por mesa dentro dos locais e un máximo de 6 persoas no exterior.

 

Noticias web

21/05/2021