CRTVG

Buscar

Mesmo nun martes 13 escasean os supersticiosos

Publicado o 13/08/2019 15:40

Hoxe é martes 13, así que saímos á rúa na busca de supersticiosos. O que atopamos foi que a mala sorte deste día parece ser de verdade. A vida é un papel en branco, pero ás veces acabamos por enchela con medos, con ideas que poden resultar paralizantes.

Trezidavomartiofobia. É ese medo que sofren cada martes 13 os supersticiosos. Por iso saímos á rúa ben seguros de atopar supersticiosos.

Tanto ten. Algún supersticioso atoparemos, algún temeroso dos malos augurios do martes 13. Atopamos un que non casa nin embarca por medo ao martes 13.

Mala sorte, finalmente, no martes 13. Mala sorte para nós, que fracasamos na busca de supersticiosos. Así que pechamos o bolígrafo. E xa escribiremos nesta vida de agosto outro tipo de sorte.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/08/2019