CRTVG

Buscar

Meses de verán, meses de 'furtivismo de bañador'

Publicado o 11/08/2020 15:03

Zonas marisqueiras como A Barbanza, a Illa de Arousa ou a ría de Pontevedra intensifican a vixilancia nas praias

Cando baixa a marea en Barraña é habitual que os bañistas se mesturen cos mariscadores. O 'furtivismo de bañador' existe desde hai anos e en zonas como A Barbanza, a Illa de Arousa ou a ría de Pontevedra é un verdadeiro problema.

En Cabo de Cruz, as propias mariscadoras pagan a vixilancia. "Pagamos entre 30 e 40 euros para que as praias estén vixiladas", di Susana Álvarez, da Agrupación de marisqueo desta localidade.

Son catro gardapescas e oito informadores que están contratados de xuño a setembro para vixiar as praias. Este ano o sector di que non hai tantos casos. A razón pode deberse o descenso do turismo debido á pandemia, á concienciación cidadá ou o medo ás sancións. 

Os gardapescas son os que poden levantar unha acta e sancionar. Os casos máis graves poden supoñer sancións de ata 300.000 euros.

Noticias web

11/08/2020