CRTVG

Buscar

Merkel e Schulz confirman un acordo previo para unha gran coalición en Alemaña

Publicado o 12/01/2018 15:16

 

A chanceler Angela Merkel e o líder dos socialdemócratas, Martin Schulz, chegaron finalmente a un acordo para reeditar unha gran coalición que garanta a gobernabilidade de Alemaña e evite a convocatoria de novas eleccións. Merkel e Schulz dixeron que entre as prioridades do novo goberno estaría a de traballar con Francia para reforzar a UE e a de aumentar a contribución alemá ao presuposto comunitario. Bruxelas mostrou a súa satisfacción polo acordo. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2018