Merkel atribúe á calor os seus tremores nun acto público
Publicado o 19/06/2019 08:22
A chanceler alemá, Angela Merkel, atribuíu a unha deshidratación provocada pola calor os tremores que sufriu durante o recibimento oficial do presidente de Ucraína, de visita no país.
As imaxes de Merkel agarrando repetidamente as mans para tratar de parar os tremores desatou de inmediato especulacións sobre o seu estado de saúde. Na conferencia de prensa posterior á súa reunión co presidente ucraíno, Merkel dixo que despois de beber tres vasos de auga xa se sentía ben e xustificou o ocorrido polas elevadas temperaturas que se rexistran en Berlín.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí