CRTVG

Buscar

Merkel advirte dos "inimigos de Europa" na Conferencia de Seguridade de Múnic

Publicado o 16/02/2019 18:05

A chanceler alemá, Angela Merkel, advertiu este sábado que "Europa ten inimigos", sinalando a Rusia e a dereita alternativa dos Estados Unidos.

Merkel tamén pediu loitar polo multilateralismo e para defender as estruturas europeas, que, dixo, están "baixo presión". Fíxoo durante a súa intervención na Conferencia de Seguridade de Múnic, un foro clave de política exterior e de defensa que se celebra desde onte na capital bávara.

Outra das intervencións máis agardadas foi a o vicepresidente dos Estados Unidos, Mike Pence, quen instou a Unión Europea a recoñecer a Juan Guaidó como "único presidente lexítimo" de Venezuela.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/02/2019