CRTVG

Buscar

Meritxell Obiols ten as claves da intelixencia emocional

Publicado o 11/11/2016 12:39

Mañá sábado Santiago acolle o III Foro de Educación Emocional e Social que reunirá 13 expertos sobre como desenvolver e poñer en práctica habilidades sociais

Ser quen de controlar as emocións e expresalas correctamente é unha forma de intelixencia. Sábeno ben o grupo de expertos que se van reunir en Santiago, mañá no Foro Emociona. Un encontro dirixido a profesores, pedagogos e familias que ten como obxectivo dar a coñecer e poñer en práctica as competencias emocionais e sociais, que poden facer a vida máis fácil. Saudamos xa a Meritxell Obiols Soler, doutora en Ciencias da Educación e Experta en Intelixencia Emocional.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/11/2016