CRTVG

Buscar

Meritorio empate do cabeiro Burela diante do Xaén

Publicado o 30/11/2019 14:41
Os da Mariña seguen a tres puntos da permanencia

Non abandona a posición de cabeiro o Pescados Rubén Burela que, iso si, ofreceu unha excelente imaxe no partido que o enfrontou co potente Xaén. Adiantáronse os galegos cun tanto de Renato pero o conxunto andaluz remontou con dous lanzamentos de falta directa de Carlitos xa antes do intermedio.

O Burela conseguiu empatar a seis minutos do final cun tanto de Matamoros e incluso mereceu un mellor resultado. Os da Mariña quedan a tres puntos da permanencia

Noticias web

30/11/2019

Máis sobre Deportes