CRTVG

Buscar

Mergulladores da Garda Civil volven ao río Sil na procura do desaparecido de San Clodio

Publicado o 16/05/2018 14:18

Continúa a busca do home de 82 anos desaparecido hai unha semana na parroquia de San Clodio, no concello de Ribas de Sil.

Efectivos do grupo de actividades subacuáticas da Garda Civil sumáronse esta mañá ao operativo de busca no Sil, mentres os membros de Protección Civil continúan rastrexando por terra a zona do río.
A familia de Manuel Vázquez alertou da súa desaparición o mércores pasado, nove de maio. O primeiro día de rastrexo o equipo de rescate atopou un xersei do octoxenario a carón do río.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2018