Mergulladores da Garda Civil recuperaron o cadáver do neno afogado en Gallur
Publicado o 14/06/2021 08:36

Mergulladores da Garda Civil atoparon o corpo sen vida do neno de 13 anos no Canal Imperial de Aragón, no municipio zaragozano de Gallur. Rescatárono o domingo ao mediodía a uns 300 metros do lugar onde desaparecera o sábado. Na mesma zona apareceron unha camiseta e unhas zapatillas que o pai do menor recoñeceu. O neno non sabía nadar.