CRTVG

Buscar

Mercadona incrementa un 84% os seus beneficios

Publicado o 12/03/2019 15:40
Mercadona incrementa un 84% os seus beneficios

A cadea de supermercados Mercadona incrementou un 6% as súas vendas en 2018, o que significa un total de 24.300 millóns de euros. O beneficio foi de 593 millóns de euros, un 84% máis ca en 2017.

Entre os plans para o ano que vén, Mercadona ten previsto cambiar máis de 400 tendas, por non ser rendibles ou porque non cumpren coas necesidades que reclaman os clientes.

Noticias web

12/03/2019