CRTVG

Buscar

Menús a domicilio en Vilariño para celebrar a súa festa do cabrito

Publicado o 13/02/2021 20:38

Máis de tres décadas levan en Vilariño de Conso celebrando a festa do cabrito durante o Entroido. Toda unha tradición capaz de congregar aquí cada ano centos de persoas de todas as aldeas e concellos da contorna.

Pero esta é a imaxe que atopamos hoxe en Vilariño: silencio e rúas baleiras.

Este ano todo quedou parado, por iso dende o concello pensaron en levarlles unha pequena parte da festa ás súas mesas.

500 racións de cabrito, coa súa bica e os licores chegan, a dezaseis aldeas do municipio. Din que hoxe a única preocupación dos veciños é poñer a mesa porque o xantar é de balde e vai ata a porta da casa. E ollo, que o que chega non é calquera cousa.

Hoxe nas casas de Vilariño é Entroido, malia todo, e aínda que sexa polo miúdo.

Agora din, só queren mirar cara ao 2022 con esperanza, para recuperar como merece a súa festa, e o son do folión nas rúas.

Noticias web

13/02/2021