CRTVG

Buscar

Menú solidario en Cáritas Vigo a cargo de Rafa Centeno

Publicado o 19/05/2020 21:27

No medio da crise provocada pola COVID-19 xorden as iniciativas solidarias. En Vigo, Rafa Centeno, chef cunha estrela Michelin, preparou hoxe un menú solidario que degustarán as persoas que acoden cada día a Cáritas para comer. 

Máis de 200 racións de xarrete que preparou cos 100 quilos de carne doada por Provacuno, que representa os produtores de carne de vacún en toda España. 

Co seu restaurante pechado dende hai 2 meses Rafa Centeno, o chef do Maruja Limón, volveu hoxe encender os fogón por unha boa causa.

A materia prima deste menú solidario son os 100 quilos de carne doados por provacuno, a asociación que agrupa o sector do vacún en toda España.

En total 220 racións de xarrete cociñados pola man dun chef con estrella Michelin. Un menú san e nutritivo, do que desta vez gozarán os que máis o necesitan, as preto de 400 persoas que cada día acoden a Cáritas en Vigo na busca dun prato de comida quente. Unha situación agrava pola crise da COVID-19.

Dende que comezou a crise provocada pola pandemia Cáritas Tui-Vigo pasou de atender cada mes 400 familias a superar as 600.


 

Noticias web

19/05/2020