CRTVG

Buscar

Restaurantes elaboran menús de festa para levar a domicilio polo Día da Nai

Publicado o 28/04/2020 15:52

Este domingo non se poderá celebrar o Día da Nai nos restaurantes galegos. Pero xa hai onde encargar un menú de festa a domicilio.

Antes do estado de alarma nun restaurante de Santiago facían 6.000 comidas diarias, agora non chegan a 500. Sen comedores nin eventos aos que servir, a este establecemento toca darlle unha volta ao negocio con ofertas a domicilio, como o menú de festa polo Día da Nai.

Un tributo ás nais elaborado con produtos frescos da praza de abastos de Santiago e que se distribuirá na porta daquelas familias que o encarguen por teléfono ou en Internet.

Xa que non se pode ir ao restaurante, o restaurante vai á casa. E vai en forma de caixa sorpresa coa que alegrar o día ás nais dos fogares confinados.

Noticias web

28/04/2020