CRTVG

Buscar

Mensaxe optimista de Daniel e Adela, dous pacientes que venceron o coronavirus

Publicado o 02/04/2020 22:07

Foi un dos momentos máis emocionantes na vida de Daniel, cando saíu da UCI na súa particular loita contra o coronavirus.

Algo parecido viviu Adela. Despois de moitos días illada, por fin puido ver as caras dos que fixeron posible que volvera á casa.

Viviron momentos duros ante unha enfemidade descoñecida e mesmo contaxiaron outros familiares. Agora recupéranse xa na casa e envían unha mensaxe de optimismo.

Conscientes da dureza da situación, agardan que, coma eles, cada vez máis pacientes reciba nestes aplausos que simbolizan a vitoria fornte ao virus.

Noticias web

02/04/2020