CRTVG

Buscar

Menos desprazamentos en Lugo polas restricións

Publicado o 31/10/2020 17:35

En Lugo as restricións afectan o núcleo urbano e as cincuenta e catro parroquias do ámbito rural. Nótase esta limitación á mobilidade. Hai menos movemento de coches nunha xornada como é a véspera de Todos os Santos. Ademais, tamén hai máis controis de Tráfico nas estradas.

Nas principais vías hai hoxe moitos menos coches circulando.

E o mesmo no camposanto. Hai poucos coches no exterior e dentro, escasos visitantes.
Esta familia tiña previsto desprazarse, pero entenden que non poden facelo.

Unicamente critican que non se advertise do peche da cidade con máis antelación.

A parte negativa sófrena os negocios de hostalería, case sen actividade.

Son días complicados. En Lugo de novo volveron aumentar os casos activos de afectados por coronavirus. Hai 894. Son 119 máis ca onte. Hai 32 persoas ingresadas nos hospitais da provincia e 3 están en coidados intensivos.

Noticias web

31/10/2020