CRTVG

Buscar

Menos de 30 persoas hospitalizadas nunha xornada de baixa dos casos activos

Publicado o 21/10/2021 10:19
Menos de 30 persoas hospitalizadas nunha xornada de baixa dos casos activos

Os casos activos volven ao seu descenso. Hoxe hai 421 persoas con coronavirus en Galicia, 17 menos que onte.

Tamén diminúen os contaxios (-5) con respecto á xornada anterior. En total, foron detectados 28 novos casos por probas diagnósticas.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 77 (-2)

A Coruña: 138 (-7)

Pontevedra: 44 (+2)

Santiago: 68 (-4)

Ourense: 37 (-7)

Lugo: 37 (-3)

Ferrol: 20 (+4)

A ocupación hospitalaria tamén descende e xa hai menos de 30 persoas hospitalizadas. En total, hai oito persoas en UCI (=) e 21 en planta (-2). Con todo, o Sergas non notificou decesos por covid−19 nas últimas 24 horas, mantense a cifra en 2.648 desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos