CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Menos da metade da poboación de Galicia ten o galego como lingua materna

Publicado o 21/02/2017 21:28

O galego é a lingua materna do 40 por cento da poboación de Galicia. O resto admite que foi educado en castelán, ou en ambos idiomas ao mesmo tempo. Hoxe é o día internacional da lingua materna, unha xornada promovida pola Unesco para festexar a riqueza da diversidade lingüística no mundo.

A lingua materna é a primeira que oímos ao nacer, a lingua do berce. Segundo o Instituto Galego de Estatística, para o 40,86 por cento da poboación de Galicia é o galego. Outro 30 por cento admite que se criou en español, e o resto afirma que foi educado nas dúas indistintamente.

O mesmo informe indica que a lingua inicial non sempre se mantén, e que o uso do galego cae entre a mocidade.

"Estamos traballando para poñer en marcha unh plan para o uso do galego na xuventude. Non falamos dun problema de coñecemento, falemos dun problema de uso, e temos que fomentar que o galego se use como primeira lingua", di o conselleiro Román Rodríguez.

As garderías da Galiña Azul celebraron con xogos e música o día internacional da lingua materna. A Unesco homenaxea con este día a variedade lingüistica no mundo.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

21/02/2017