CRTVG

Buscar

Menos aglomeracións e queixas en Leganés polo cribado ao profesorado madrileño

Publicado o 03/09/2020 14:19

Con menos aglomeracións que na primeira xornada, continuou en Madrid a recollida de mostras aos profesores e persoal do ensino público e concertado para detectar anticorpos de coronavirus.
A comunidade habilitou un segundo centro na capital para atender os docentes e evitar as reas do día anterior.

"A miña pregunta é se o conselleiro non podía ter organizada a situación, ou as persoas responsables, desta maneira, para mostrar un pouco de respecto ao noso colectivo, que me parece que o de onte foi unha falta de respecto".

"Coñécese que onte meteron moito a pata e hoxe preparáronse moito mellor. Hai moito espazo, pódese manter a distancia e bastante ben, bastante rápido."

As queixas pola organización deste cribado repetíronse no centro habilitado en Leganés, onde o tempo de espera superou nalgúns casos a hora e cuarto. 

Se se cumpren as previsións das autoridades educativas, antes de que se inicie o curso faranse cen mil probas serolóxicas.

Despois de tres xornadas seguidas de descensos, Cataluña rexistrou un forte incremento de novos contaxios por Covid-19, 1.480 nas últimas 24 horas e seis falecidos.

O risco de repunta sobe lixeiramente e descende o número de pacientes ingresados nos hospitais cataláns, 36 menos que o mércores. 

En Asturias, un gromo detectado entre o persoal e os clientes de tres bares de Avilés suma xa 16 casos positivos.

Noticias web

03/09/2020