CRTVG

Buscar

A Administración galega atendeu 201 menores por violencia machista en 2018

Publicado o 21/09/2019 19:05

A violencia machista estraga a vida de moitas mulleres, pero tamén de moitos nenos. Que o impacto sexa o mínimo é o obxectivo de todas as administracións que intentan mellorar a situación destas persoas. Só o ano pasado, e grazas a un convenio entre Vicepresidencia e o Colexio de Psicólogos, a Administración galega atendeu 201 menores.

Nos casos máis extremos as nais morren e os pais suicídanse ou acaban no cárcere. O menor e o seu círculo reciben axuda económica, axuda para os enredosos trámites burocráticos: herdanzas, hipotecas, alugueiros, pagas e tamén se actúa no ámbito educativo.

Non só se protexe os menores de 18, tamén a menores de trinta e mesmo hai atención psicolóxica a homes con problemas de control de violencia no ámbito familiar.

Noticias web

21/09/2019