CRTVG

Buscar

Menor tránsito nos voos entre Barcelona e Santiago

Publicado o 20/07/2020 13:27

A trafega de viaxeiros no aeroporto Rosalía de Castro, case testemuñal, pouco ten que ver co que sería habitual nun dos meses máis fortes da temporada alta de turismo. Dos que chegan en avión de Barcelona, unha boa parte vén a Galicia por cuestións laborais.

"Viñemos traballar. Hai moitas medidas de seguridade no aeroporto do Prat, medidas de seguridade aquí, e ben, o aeroporto de Barcelona está bastante parado para o que tería que ser nestas datas- Tocounos vir a traballar e nada... pois manter as distancias, tomar as medidas oportunas e a pasar a semana con coidado. E o venres a volver para a casa".

Tamén hai galegos de orixe ou outros que teñen aquí familiares. Veñen de vacacións, pero, aseguran, non temen transmitir o virus.

"Non teño medo porque a xente que está ao meu redor está tentado seguir as normas, quedan na casa...", explica un viaxeiro. Outro cóntanos que está case todo pechado e a xente leva máscara maioritariamente. Entre os pasaxeiros hai tamén galegos residentes en Barcelona que agardaban estas vacacións para poder ver a súa familia despois de seis meses.

Aínda que tamén hai quen pensa que debería haber máis control: "Non hai filtros, nin de temperatura nin PCR. Estaría ben facer a PCR", opina un pasaxeiro.

Mesmo así agardan non ser recibidos con reticencias: "O virus pode estar en calquera lugar, nun veciño que tes a carón ou na outra punta do mundo, así que tamén convén un pouco de comprensión".

Apelan á propia responsabilidade individual para evitar a transmisión.

Noticias web

20/07/2020