Zigzag Diario
'Memorias dunha vaca marela', de Alfonso Eiré: a desfeita do rural
Publicado o 20/06/2018 17:08
'Eu son Cachorra. Unha vaca'. Así empezan as 'Memorias dunha vaca marela', a última novela do escritor e xornalista Afonso Eiré. É un relato sobre o declive do rural dende a entrada na Comunidade Económica Europea ata hoxe, visto por unha vaca, un animal que Eiré converte en símbolo dunha Galicia que só queda na memoria.