Membros do partido animalista reivindican na Coruña levar as súas mascotas á praia
Publicado o 11/08/2019 15:35
Os propietarios de cans reivindican poder levar as súas mascotas á praia. Esta mañá, a modo de protesta deron un paseo con eles por Riazor. A acción,promovida polo partido animalista Pacma, pretende que as institucións ofrezan unha zona especial nos areais da Coruña onde poder pasear e bañarse con estes animais. Ningunha das cinco praias urbanas da cidade herculina conta cunha área reservada para cans, un servizo que si ofrecen oito concellos costeiros en Galicia