Membros de Protección Civil de Ribadumia salvan un compañeiro ao que lle picaron cinco 'velutinas'
Publicado o 21/08/2020 14:49
Higinio traballaba na súa leira cando o picaron as cinco 'velutinas'. O primeiro que fixo foi chamar a muller e os seus compañeiros de Protección Civil. En canto colgou, xa notou os primeiros síntomas.
E logo notou a reacción en todo o corpo. Os seus compañeiros de Protección Civil chegaron case inmediatamente e xa o atoparon mal.
A forza de Higinio e a rápida reacción dos compañeiros salváronlle a vida.
Por sorte, Higinio pode contalo. Xa está recuperado, pero as pegadas que deixaron as 'velutinas' no seu corpo e o susto aínda non desapareceron.