CRTVG

Buscar

Mellora o gromo na residencia de Silleda tras 30 negativos

Publicado o 26/03/2021 12:22
Mellora o gromo na residencia de Silleda tras 30 negativos

Vai controlándose o gromo rexistrado no centro Coviastec de Silleda, onde residentes e persoal recibiran a pauta completa da vacina contra a covid-19. Segundo informa o Servizo Galego de Saúde e a Consellería de Política Social, trinta das 44 persoas que estaban contaxiadas neste xeriátrico deron negativo nas probas diagnósticas.

Arestora, quedan 18 casos activos na residencia situada na comarca do Deza. Ademais, hai outras dúas persoas contaxiadas no centro de Santa Mariña, en Xinzo de Limia, e un empregado na residencia de maiores de Caranza.

No conxunto de Galicia, nestes momentos hai un total de 16 residentes e cinco traballadores coa enfermidade nos distintos centros para maiores distribuídos polo territorio.