CRTVG

Buscar

Mellora de equipamento para agrupacións de Protección Civil de 14 concellos ourensáns

Publicado o 21/09/2019 18:46

Mellorar a seguridade e a capacidade de resposta dos grupos de protección civil en caso de emerxencia. Con ese obxectivo a Xunta acaba de entregarlles novos equipamentos ás agrupacións de catorce concellos ourensáns. Trátase de vehículos pick-up e remolques dotados de motobombas ou xeradores, entre outro material.

Dende Beariz, o vicepresidente da Xunta destacou o labor que realizan os voluntarios e subliñou que nos últimos catro anos a administración autonómica destinou 12 millóns de euros a mellorar os equipamentos dos grupos de protección civil e GES.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/09/2019