Mellora a situación no Argos Pereira

Dez dos 28 mariñeiros do pesqueiro vigués Argos Pereira atracado en Montevideo e afectados pola covid-19 deron negativo tras a segunda rolda de tests efectuada a toda a tripulación. De acordo coas novas probas, o número de infectados entre os 54 tripulantes reduciuse a 18. Un deles, de nacionalidade peruana, fora evacuado e hospitalizado na capital uruguaia o luns pasado. Evoluciona ben.
As autoridades sanitarias do país decidiron desembarcar outros 14 mariñeiros. O resto da tripulación segue nun hotel de Montevideo e permanecerán en corentena ata que o barco retome a súa viaxe. A vindeira semana realizarase unha nova rolda de probas aos que permanecen no barco.
O Argos Pereira partira o 24 de xaneiro en dirección ás illas Malvinas logo de que os tests realizados aos 54 tripulantes deran negativo.