CRTVG

Buscar

Mellora a situación meteorolóxica en terra e empeora no mar, con ondas por riba dos seis metros

Publicado o 27/10/2020 21:46

Xornada desapracible a deste martes con vento forte sobre todo no litoral das provincias da Coruña e Lugo, onde se acadaron refachos máximos por riba dos 100km/h nas primeiras horas do día.

A chuvia foi xeneralizada nas zonas costeiras.

Ao longo do día acumularonse máis de 50 l/m2 en Boiro e máis de 30 en puntos coma Zas ou Santa Comba.

Na provincia de Pontevedra as precipitacións deixaron 24 l/m2 en Forcarei e 30 en Fornelos.

Este mércores a situación mellora en terra e empeora no mar, xa que nas próximas horas as profundas borrascas do Atlántico deixarán ondas de máis de 6 metros en todo o litoral galego.

Xa pola tarde poderían superar os 8 metros na costa da provincia da Coruña. Na praia de Riazor prepáranse para evitar que a ondada chegue ao paseo.

Será unha nova xornada complicada para a xente do mar.

Noticias web

27/10/2020