CRTVG

Buscar

Mellora a situación epidemiolóxica na Barbanza

Publicado o 26/04/2021 15:15

E na Barbanza, outro dos lugares onde o comité puxo o foco, a situación tende a mellorar. A incidencia acumulada baixou notablemente tanto na Pobra como en Ribeira.

No parroquia de Palmeira, en Ribeira, non se fala doutra cousa. Máis de mil veciños estaban convocados no cribado de onte e asistiron máis do 73 %. Entre eles, José Antonio e Manuel, que acaban de saber que deron negativo.

Manuel, o propietario dunha terraza, foi a facer a PCR mesmo sen estar convocado. Co nivel alto de restricións pouca marxe lle quedou para traballar nos seus bares.

Manuel Ageitos, hostaleiro: "Se vai sol aínda traballas a terraza, pero coa chuvia que houbo na fin de semana non se traballa nada".

Malia que a incidencia acumulada baixou a 178 casos, aquí non baixan a garda. O gromo do colexio de Palmeira, o positivo dun comprador da lonxa de Ribeira e a mobilidade laboral co resto da Barbanza inquedan os veciños.

Agardan que o esforzo dea froitos e que a vida regrese pronto ás rúas da vila. Un desexo que comparten coa veciña Pobra, cunha incidencia acumulada de 236 casos, agarda a reapertura nos próximos días.

 

Noticias web

26/04/2021