Domingo sen falecidos por covid−19, coa cifra de positivos en Galicia máis baixa dos últimos once meses
• Os contaxios diarios caen ata os 69 (-37)
• Hai os mesmos pacientes en hospitais, pero dúas persoas mais nas UCI (15)
A cifra de falecidos durante a pandemia en Galicia mantense en 2.426 persoas, xa que Sanidade non rexistrou novas mortes nas últimas horas.
A curva do coronavirus sitúase nunha certa estabilidade durante a fin de semana. Caen este domingo os contaxios diarios detectados nas diferentes probas, 69, 37 menos que o venres. Tamén se reducen as infeccións, con 1.851 persoas co virus, 94 menos que a xornada anterior.
A presión asistencial estabilízase e son 84 os pacientes que precisan atención hospitalaria, os mesmos que o venres. Aínda que se produce un aumento de dous enfermos máis que ingresan nas UCI, co que son 15, pero hai dous menos en planta, 69.
A cifra de falecidos durante a pandemia en Galicia mantense en 2.426 persoas, xa que Sanidade non rexistrou novas mortes nas últimas horas.
Situación por áreas sanitarias
A caída de infeccións rexístrase esta xornada en todas as áreas sanitarias, e Vigo baixa das 500. A presión asistencial estabilízase sen apenas variacións e Ourense segue a ter libres de enfermos de coronavirus as UCI.
Os positivos detectados nas diferentes probas realizadas baixan de xeito máis acusado en Vigo.
A Coruña: 333
Ferrol: 96
Lugo: 240
Ourense: 158
Pontevedra: 212
Santiago: 324
Vigo: 488