CRTVG

Buscar

Mellora a situación en Asturias, onde hai 13 incendios activos, oito deles baixo control

Publicado o 06/03/2019 14:19

O forte vento dificultou durante a noite a loita contra o lume nos montes asturianos, pero a media mañá a situación era máis favorable. Os tres focos onde se están a concentrar os traballos de extinción están localizados nos concellos de Valdés, no occidente asturiano, e Piloña e Navas, na zona oriental.

As previsións meteorolóxicas anuncian chuvia xeneralizada en todo o Principado a partir desta tarde, o que contribuirá a apagar o lume activo. Diante desta nova situación, o servizo asturiano de urxencias rebaixou ao nivel 1 a alerta por incendios forestais.

A Garda Civil continúa buscando o suposto incendiario avistado desde un helicóptero prendendo lume no monte nas proximidades do Parque Nacional dos Picos de Europa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/03/2019