CRTVG

Buscar

Mellora a situación dos ríos en Ourense e hoxe non hai ningunha alerta activa

Publicado o 15/11/2019 11:34

En canto aos ríos, a situación na provincia de Ourense mellorou con respecto a onte.
Non hai ningunha alerta activa e as augas van volvendo ao seu leito nas zonas máis castigadas onte, especialmente Baños de Molgas, onde o Arnoia anegou a área recreativa, entrou no balneario e colleu por sorpresa dous coches estacionados onda o río. Ao reducirse a intensidade da chuvia, desde a Confederación Hidrográfica confían en que os niveis sigan descendendo nas próximas horas. Tamén en Ourense cidade, onde o Miño anegou as termas da Chavasqueira e o Muíño da Veiga.

Noticias web

15/11/2019